Ataque Escampe tocará pola lingua en Vigo


Categoria: Festicultura |

Cartaz do concerto pola linguaCoincidindo coa campaña de defensa do galego na universidade, os Comités organizan un concerto pola lingua que contará coa presenza do grupo Ataque Escampe o próximo xoves 12 de novembro ás 18.30 h no Auditorio Vidal Bolaño do campus de Vigo. A entrada será de balde.

Ataque Escampe é un grupo de rock acústico que levan tocando desde 2002. Os compostelanos xuntáronse grazas ao ambiente universitario da cidade e xa teñen publicados 3 discos entre os que destacan o lp de polémico título Galicia es una mierda e o seu último disco A gran evasión, ambos publicados no selo copyleft A Regueifa




Comentarios

Nome (obrigatorio)

Correo electrónico (obrigatorio)

Páxina web

XHTML: Podes usar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

Escribe aquí o teu comentario