Portado do cuarto disco de TreixaduraDespois das actuacións de Quempallou en Vigo e Fía na Roca en Ourense, esta semana son o grupo de gaiteiros e o orfeón Treixadura os que nos achegan a música tradicional galega á universidade. A actuación será de novo no auditorio Vidal Bolaño do campus de Vigo,  o próximo xoves 15 de maio ás 19.00 horas.

Treixadura
Ademais de ser unha variedade de uva branca, Treixadura é unha agrupación gaiteiril que nace en 1990 da man de cinco gaiteiros procedentes doutras formacións. Na súa traxectoria sufriu varios cambios, como por exemplo a creación do Orfeón Treixadura, froito da necesidade de incluir voces nos temas do seu terceiro disco Unha noite non é nada e que se convertiu nunha formación estable dentro da marca Treixadura.

Na actualidade forman Treixadura Gaiteiros Xan López, Toniño López, Xaquín Xesteira e Paulo Nogueira, todos eles gaiteiros e percusionistas; e César Longa como acordeonista.

Nestes case vinte anos de música, Treixadura publicou catro traballos discográficos, Obrigado (1996), Unha noite no muíño (2000), Unha noite non é nada (2003) e, o máis recente e aínda de xira, Unha semaniña enteira (2006). Os tres últimos están titulados cos versos dun popular retrouso ao que lle faltaría o último verso, eso si que é muiñada. Ademais teñen colaborado en outros proxectos musicais, o máis coñecido o disco Albeida do ex-Milladoiro Rodrigo Romaní, con quen tocaron na xira de promoción dese traballo.

Podedes saber máis deles no seu enderezo web ou en Ghastas pista?, páxina temática sobre a música folk e tradicional galega.

Móvete no circular


Categoría: Noticias | 1 Comentario

Móvete no CircularXa está ben de pasear polo campus coa túa pesada mochila. De subir e baixar costas interminables. De Teleco para Traducción, de Ciencias para o centro comercial, de Industriais ao pavillón de deportes.

Este ano a Universidade quere promocionar o Circular para moverse polo campus, polo que amplia os seus horarios con 2 saídas por hora, os dous primeiros as 8.50 e 9.00 e o s dous últimos as 13.50 e as 14.00. e un servizo especial con parada na Praza Miralles cada 15 minutos das 12.00 horas ás 14.30.

As paradas, no sentido de circulación, son:

Móvete no Circular, dorso

Pulsa sobre a imaxe para ampliar.
Aproveitate!