18 de Marzo, 2010
Categoria: Eventos |
Deixa un comentario

O vindeiro 21 de marzo terá lugar no campus de Vigo a cuarta edición dos
10 Km Cidade Universitaria, organizados polo
Servizo de Deportes da Uvigo. Os participantes darán tres voltas ao campus, nun circuíto deseñado para todos os públicos, no que se eliminaron os desniveis presentes noutras edicións.
Esta proba ten especial importancia xa que é un evento perfecto a modo de preparación da Vig-Bay, a media maratón entre Vigo e Baiona, que se disputará o 11 de abril.
Os participantes estarán dividos en 6 categoría, desde os máis xoves até os veteranos. Os tres primeiros clasificados da clasificación xeral masculina e feminina recibirán, respectivamente, premios de 400, 300 e 200 €. Ademáis, todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa.
15 de Marzo, 2010
Categoria: Festicultura |
Deixa un comentario

Este mércores 17 de marzo o músico e humorista
Riki López actuará ás 20 horas na Sala Multiusos do Edificio de Facultades do campus de Ourense, dentro do programa de actividades da
Intercultural para o segundo cuatrimestre.
Riki López é un cantautor cómico con seis discos ás súas costas, tres dos cales autoeditados. Salta a fama como colaborador do programa Gomaespuma, que lle producen o seu disco El hombre más feliz del mundo. A Ourense chega co seu espectáculo Buenrollitina, tamén editado en CD, cargado de filosofía nocturna e urbana, de situacións cotiás cargadas de sarcasmo e ironía.
9 de Marzo, 2010
Categoria: Participa! |
Deixa un comentario

Despois de pasar o último més recollendo os libros doados pola comunidade universitaria, a
Biblioteca Universitaria da Uvigo organiza o
Mercadillo Solidario por Haití, co obxectivo de recadar diñeiro para enviar, vía Cruz Vermella Internacional, aos damnificados da catástrofe haitiana.
Os libros doados serán vendidos ao prezo único de 4 euros, destinando a totalidade da recadazón á iniciativa. Así, os días 10,11,12,15 e 16 de marzo o mercadillo estará, respectivamente, en horario de 10 a 18 horas, nos seguintes lugares:
Mércores 10 de marzo: no centro comercial do campus de Vigo (na praza Miralles) e en Tradución. Pola tarde en Torrecedeira tamén.
Xoves 11 de marzo: no centro comercial, en económicas e en Torrecedeira.
Venres 12 de marzo: na Biblioteca Central de Vigo
Luns 15 de marzo: en Ciencias.
Martes 16 de marzo: no centro comercial.
9 de Marzo, 2010
Categoria: Noticias |
Deixa un comentario

Con motivo da presentación do libro
Fútbol de base, Miguel Ángel Lotina e Eusebio Sacristán, adestradores de Deportivo da Coruña e Celta de Vigo respectivamente, acompañarán a Luis Casáis, Carlos Lago e Eduardo Domínguez no evento.
Os profesores, vinculados ao grupo de investigación HI20, destacan as incorporacións de xogadores dos filiais aos planteis de ambos equipos, así como a presenza de investigadores do grupo en equipos que tamén traballan na promoción dos xogadores de base.
A presentación será emitida en directo o xoves 11 de marzo pola Radio Galega desde a facultade de Ciencias da Educación e do Deporte ás 20 horas.
8 de Marzo, 2010
Categoria: Festicultura |
1 Comentario

O
Festival alternativo das artes escénicas de Vigo volve pola súa novena edición á cidade olívica. Do 11 ao 20 de marzo o
MARCO, o campus de Vigo e a Casa das artes verán pasar polas súas tarimas a compañías de todo o estado.
Pola Universidade de Vigo achegarase a compañía francesa Etxea, formada por Frédéric Etcheverry e Gloria Aras, coa súa obra Exstrada, unha obra de teatro experimental sen texto nin música, elaborada só con linguaxe corporal. Será ás 14 horas do xoves 11 de marzo no centro comercial do campus de Vigo.
8 de Marzo, 2010
Categoria: Festicultura |
Deixa un comentario

Sete serán as intervencións culturais da
Intercultural 2010 para o segundo cuatrimestre deste curso. O programa foi presentado a semana pasada por Juan Franciso Gálvez, vicerreitor do
campus de Ourense, e Filemón Rivas, xestor de Actividades Culturais. Cinema, música, máxia e especialmente teatro, coa
MITEU, serán as linguaxes escollidas para as intervencións.
E para dar inicio ao programa o escollido foi o Víctor Prieto Trio, liderado polo acordeonista ourensán Víctor Prieto, que actuará pola primeira vez en Ourense coa súa formación, completada polo baixista Jorg Roeder e o batería Otis Brown III.
Os tres ofrecerán un espectáculo de jazz con influencias da música latina e celta no Centro Cultural da Deputación de Ourense ás 20 horas do martes 9 de marzo, unha mostra de virtuosismo patente nos catro traballos discográficos da formación publicados até o día de hoxe.